Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

OS MENIÑOS DA MAGDALENA
Neste caderniño atoparedes aos meniños da Magdalena realizando diferentes actividades ao longo do curso...Agardamos que vos guste. Saúdos.

06/01/2009 GMT 1

Estou SOBREPROTEXENDO ao meu fillo ou filla?

educainfa @ 11:47

Hoxe en día os pais e nais queremos que aos nosos fillos e fillas non lles falte de nada, somos temerosos/as de que experimenten situacións de tristeza, de medo, emocións negativas... e tratamos por todos os medios de que non as sufran e experimenten.

Os coidados excesivos que caen na sobreprotección promoven unha incapacidade no neno/a para desenvolver habilidades e actividades que lle conduzan a alcanzar autonomía e independencia, polo que esta sobreprotección os/as volve inseguros/as, berrinchudos/as, dependientes e temerosos/as para enfrentar vicisitudes, as cales se presentan de diferente maneira ao longo da vida.Nós como pais e nais  temos que lograr que comprenda dende pequeno/a que existen OS LÍMITES E AS NORMAS.

Sinalamos aquí algunhas PAUTAS, que nós como pais e nais debemos marcar aos nosos fillos e fillas, adaptándoas a cada idade, e sendo firmes na súa aplicación:

·        Deixar que se vista e desvista so ou soa.

·        Que coma sen axuda da nai, pai, avoa, avó...

·        Deixar que experimenten diversas situacións sen a nosa axuda deixando que as resolvan polos seus medios.

·        Non prometer ou dar excesivas gratificacións cada vez que faga algo que lle pedimos.

·        Non deixar persuadirnos con pataletas, llantos, tetras..., porque cada vez que con estas conductas logran beneficios, quedarán reforzadas e faranse habituais e consistentes.

·        Aprender a decirlles “NON”, para que comprendan que para conseguir metas hai que esforzarse, e dicir, ten unhas obrigas e deberes.

·        Debemos mostrarnos con certa distancia cando lles esiximos a realización de certas tarefas e responsabilidades propias da súa idade.

·        Permitir que se relacionen con outros nenos e nenas, e non intervir en exceso cando entre eles/as acontece un conflicto. Deixar que o resolvan.

Debemos facerlle comprender ao noso fillo ou filla que cando lle esiximos non é porque non o / a queramos, senón porque queremos e desexamos que sexan maduros/as e responsables e que esta é realmente unha señal importante de cariño.   

Departamento de Orientación CEIP "A Magdalena" - Cristina Chao

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>