Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

OS MENIÑOS DA MAGDALENA
Neste caderniño atoparedes aos meniños da Magdalena realizando diferentes actividades ao longo do curso...Agardamos que vos guste. Saúdos.

01/06/2008 GMT 1

MARCELLE NATUREZA

educainfa @ 18:45

Marcelle Natureza é un espazo natural que permite achegar ao visitante a distintos lugares do planeta e coñecer dun modo directo algunhas das especies animais que os habitan.

Unha volta ao mundo nunhas horas que permitirá ao viaxeiro coñecer, entre outros, aos guanacos, chamas e ñandús sudamericanos, os bisontes e wapitis norteamericanos, os axis e sasins asiáticos, os emúes e canguros australianos, as cebras e elands africanos para volver a europa onde nos agardan especies como o muflón ou ata o lince boreal.

Ademais da gran viaxe suscitada dentro do parque animal, Marcelle Natureza atópase enclavado nun privilexiado lugar. A fabulosa densidade forestal que o envolve, así coma o impresionante río que o rega, permiten a realización de paseos e rutas de gran riqueza natural.  

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis