Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

OS MENIÑOS DA MAGDALENA
Neste caderniño atoparedes aos meniños da Magdalena realizando diferentes actividades ao longo do curso...Agardamos que vos guste. Saúdos.

20/05/2009 GMT 1

Actuación dos nenos e nenas de Educ. Infantil 5 anos

educainfa @ 20:14

Neste festival os alumnos da clase de Educación Infantil de 5 anos actuaron xunto cos nenos e nenas de primeiro curso de Primaria. Aquí vemos unhas imáxes da actuación.

O festival nun album:

educainfa @ 20:10

Aquí aparecen tódolos cursos ao remate da súa actuación, para ver as fotos das actuacións preme na palabra FESTIVAL

13/05/2009 GMT 1

O MURAL ADICADO A RAMÓN PIÑEIRO:

educainfa @ 21:47

mural.jpg

Preparando Mural Letras Galegas

educainfa @ 21:39

Para o Mural das Letras Galegas os nenos e nenas de tres anos prepararon retratos de Ramón Piñeiro coa técnica de ceras blandas e Alkil.
Os nenos de 5 anos escribiron frases da súa biografía.

RETRATOS:


BIOGRAFÍA:


10/05/2009 GMT 1

Para o profesorado: A UNESCO e as TIC

educainfa @ 08:40

Parece moi interesante ler este informe da UNESCO que ten por título "ESTANDARES DE COMPETENCIA EN TIC PARA DOCENTES". A escola deste século debe aprender a aprender día a día.

Acude ó documento premendo na imáxe:

unesco.JPG

LOGROS INDISPENSABLES PARA OS ESTUDANTES DO SÉCULO XXI:

(preme na imáxe)

logrossxxi.gif

INTERESANTE LECTURA: "LA GENERACIÓN GOOGLE"

Video vermes

educainfa @ 08:30

Os vermes de seda

educainfa @ 08:29

Nas clases de Educación Infantil este ano temos vermes de seda, pasan todo o día comendo dende que nacen dos ovos. Temos unha moreira detrás do colexio e Domingo o conserxe traélles comida tódolos días. Algúns xa están formando a crisálida.

comendo.jpg

Os nenos e nenas de 5 anos coidando as plantas:

educainfa @ 08:29

06/05/2009 GMT 1

Sementando plantas de flor:

educainfa @ 20:09

Chegou Maio cos ceos azuis e como xa tiñamos previsto había que sementar as plantas de flor (tagetes) para que cando remate o curso
cada neno poda levar a súa planta para cuidar no verán e que poda ver como van nacendo as flores.

Aquí están os nenos de 3 anos plantando:

Pola tarde facía sombra debaixo do abeto e alí plantaron os nenos e nenas de 4 anos:

30/04/2009 GMT 1

Un libro para as profes:

educainfa @ 23:02

 Chegou ó Colexio un libro sobre cómo traballar por Proxectos en Educación Infantil, Primaria e Secundaría, pódese descargar premendo na imáxe:

traballo_proxectos1.JPG

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis