Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

OS MENIÑOS DA MAGDALENA
Neste caderniño atoparedes aos meniños da Magdalena realizando diferentes actividades ao longo do curso...Agardamos que vos guste. Saúdos.

14/06/2009 GMT 1

Almorzo no cole:

educainfa @ 11:06

800_almorzo.jpg

Dentro do programa de Apertura de Centros fora do horario lectivo, o próximo curso empeza a funcionar o "ALMORZO NO COLE" que pode axudar ás familias a conciliar mellor a vida familiar e laboral xa que desde ben cedo poden traer aos nenos a almorzar ao colexio.
Os nenos estarán atendidos por monitores do concello e será xestionado pola ANPA do centro.

11/06/2009 GMT 1

Visita dalgúns nenos de Preescolar na casa ás aulas de Educación Infantil:

educainfa @ 20:16

Uns poucos nenos de Preescolar na casa, os maiores, acudiron o día 11 de Xuño a visitar as aulas de Educación Infantil do CEIP "A Magdalena".
Nestas imáxes podemos ver algúns momentos da visita:



A festa dos nenos de Preescolar na casa:

educainfa @ 20:12

O día 11 de Xuño os nenos de Preescolar na Casa fixeron unha festa no Salón de Actos do colexio, a mestra, os pais e os nenos e nenas pasárono moi ben. Aquí tedes unhas imáxes:



07/06/2009 GMT 1

Todos a bailar con Elmo (de Barrio Sésamo)

educainfa @ 09:49


04/06/2009 GMT 1

Mr Tumble in the jungle:

educainfa @ 08:37

Despois da axuda de Belén Junquera aquí temos Mr Tumble cos animáis da xungla, se premedes en PLAY podedes xogar:

De novo graciñas Belén

03/06/2009 GMT 1

Conto en Inglés:

educainfa @ 23:28

Agora que estamos a falar dos animais... podemos divertirnos vendo este conto sumativo en inglés:


.

educainfa @ 23:27

.

educainfa @ 23:26

01/06/2009 GMT 1

Excursión de Educación Infantil:

educainfa @ 22:41

O día 29 de Maio os nenos/as de Educación Infantil visitamos en Viveiro o Monte de S. Roque e o Parque de Covas.
Tivemos un día fenomenal e disfrutamos moito dos xogos e da paisaxe.

img_6529.JPG

Todo o grupo:

educainfa @ 22:26

Xa será dificil recoñecelos pero nestas imáxes están tódolos nenos que foron á excursión:

800_img_6512.jpg

800_img_6517.jpg

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis