¡Papá Noel ven de visita!
O día 19 tivemos nas clases unha agradable sorpresa, ainda que os máis pequenos sentían algo de medo... Visitounos Papa Noel, leu as nosas peticións e deunos a cada un de nos un paraugas de chocolate ¡mmmm qué rico!.

Prometémoslle que nos íamos portar BEN.

Chúzao
del.icio.us


Na clase de tres anos os nenos xa pasaron o período de adaptación e xa se está a traballar para saber recoñecer: formas, tamaños e cores, conceptos que son indispensables para comprender consignas de traballo que se lles dan ao longo do curso.