Entrega de Orlas aos nenos/as de 5 anos:
O día de fin de curso tamén se entregaron as orlas aos nenos e nenas de Educación Infantil que rematan Ciclo e que pasan para Ensino Primario, foi un acto entrañable e recibiron moitos aplausos:
O día de fin de curso tamén se entregaron as orlas aos nenos e nenas de Educación Infantil que rematan Ciclo e que pasan para Ensino Primario, foi un acto entrañable e recibiron moitos aplausos:
O día 22 de Xuño, luns, tivemos a festa de Fin de Curso os nenos e nenas de Educación Infantil escoitaron contos, tiveron teatro de títeres e despois unha merenda no patio na que colaboraron varias nais de alumnos...
Nestas imáxes uns momentos de merenda e de xogos:
Neste video dirixido aos pais aparecen as condicións precisas para aprender a ler, algo que provoca moita ansiedade nas familias.:

Dentro do programa de Apertura de Centros fora do horario lectivo, o próximo curso empeza a funcionar o "ALMORZO NO COLE" que pode axudar ás familias a conciliar mellor a vida familiar e laboral xa que desde ben cedo poden traer aos nenos a almorzar ao colexio.
Os nenos estarán atendidos por monitores do concello e será xestionado pola ANPA do centro.
Uns poucos nenos de Preescolar na casa, os maiores, acudiron o día 11 de Xuño a visitar as aulas de Educación Infantil do CEIP "A Magdalena".
Nestas imáxes podemos ver algúns momentos da visita:
O día 11 de Xuño os nenos de Preescolar na Casa fixeron unha festa no Salón de Actos do colexio, a mestra, os pais e os nenos e nenas pasárono moi ben. Aquí tedes unhas imáxes:
Despois da axuda de Belén Junquera aquí temos Mr Tumble cos animáis da xungla, se premedes en PLAY podedes xogar:
De novo graciñas Belén
Agora que estamos a falar dos animais... podemos divertirnos vendo este conto sumativo en inglés:
O día 29 de Maio os nenos/as de Educación Infantil visitamos en Viveiro o Monte de S. Roque e o Parque de Covas.
Tivemos un día fenomenal e disfrutamos moito dos xogos e da paisaxe.
Xa será dificil recoñecelos pero nestas imáxes están tódolos nenos que foron á excursión:
Pola mañá arredor das 11 chegamos ao Parque do Monte de S. Roque que ademáis de ter moitos elementos de xogo ten servicios e unha fonte cerca. Aquí vemos unhas imáxes de cómo o pasaron alí os nenos.
É a hora de comer e chegamos ao Parque de Viveiro, hay moitas mesas, buscamos as que tiveran máis sombra e despois toca xogar.
Ao remate chega "O momento Piruleta" os nenos descansan mentras toman unha piruleta mentras non é hora de saír.