Múltiples recursos para Ed. Infantil:
Navegando pola rede atopei un blog dunha profesora que reúne moitos recursos para traballar cos nenos e nenas de educación infantil.
Preme na imáxe para acceder a eles:
Navegando pola rede atopei un blog dunha profesora que reúne moitos recursos para traballar cos nenos e nenas de educación infantil.
Preme na imáxe para acceder a eles:
O día 29 de Maio é o Día da Astronomía, deixamos aquí un enlace onde pode traballar co seu fillo/a o tema do Universo e do Planeta Terra entre outros temas intesesantes:
Os nenos e nenas de Educación Infantil da unidade de 3 anos recibiron un premio no Certame Literario "As Boliqueiras" co tema A PRIMAVERA DAS PALABRAS, acudimos á casa Dopeso a recollelo.
Interpretaron a canción de Mama Cabra : "Os bichiños pequeniños"
Neste festival os alumnos da clase de Educación Infantil de 5 anos actuaron xunto cos nenos e nenas de primeiro curso de Primaria. Aquí vemos unhas imáxes da actuación.
Aquí aparecen tódolos cursos ao remate da súa actuación, para ver as fotos das actuacións preme na palabra FESTIVAL
Para o Mural das Letras Galegas os nenos e nenas de tres anos prepararon retratos de Ramón Piñeiro coa técnica de ceras blandas e Alkil.
Os nenos de 5 anos escribiron frases da súa biografía.
RETRATOS:
BIOGRAFÍA:
Parece moi interesante ler este informe da UNESCO que ten por título "ESTANDARES DE COMPETENCIA EN TIC PARA DOCENTES". A escola deste século debe aprender a aprender día a día.
Acude ó documento premendo na imáxe:
LOGROS INDISPENSABLES PARA OS ESTUDANTES DO SÉCULO XXI:
(preme na imáxe)
INTERESANTE LECTURA: "LA GENERACIÓN GOOGLE"
Nas clases de Educación Infantil este ano temos vermes de seda, pasan todo o día comendo dende que nacen dos ovos. Temos unha moreira detrás do colexio e Domingo o conserxe traélles comida tódolos días. Algúns xa están formando a crisálida.

Chegou Maio cos ceos azuis e como xa tiñamos previsto había que sementar as plantas de flor (tagetes) para que cando remate o curso
cada neno poda levar a súa planta para cuidar no verán e que poda ver como van nacendo as flores.
Aquí están os nenos de 3 anos plantando:
Pola tarde facía sombra debaixo do abeto e alí plantaron os nenos e nenas de 4 anos: